25/5/15

Publicación do libro: "El dilema de Spallanzani y otras curiosas historias de murciélagos"

O vindeiro 15 de xuño verá a luz o libro "El dilema de Spallanzani y otras curiosas historias de murciélagos", escrito por Roberto J. Hermida e publicado pola editorial Tundra.




Podedes atopar toda a información sobre o libro na web:

www.eldilemadespallanzani.com

23/2/15

Curso Bioacústica: el uso del sonido en los animales




Hace tiempo que teníamos ganas de convocar este curso de bioacústica, ya que no es mucha la oferta de foros y jornadas formativas para los interesados en esta apasionante ciencia de la comunicación sonora.
Realizaremos un curso sobre esta temática en Casa das Insuas (Rábade, Lugo) los días 18 y 19 de abril.
Hemos reunido a expertos en diferentes grupos animales que nos expondrán los principios del uso del sonido (comunicación social, ecolocación, etc) en cada grupo y nos introducirán en las técnicas de estudio.
Además tendremos dos talleres prácticos, uno sobre material básico para iniciarse en la grabación de sonidos de la naturaleza, y otro sobre la grabación y análisis de registros acústicos de murciélagos.
El programa, detalles de la inscripción, etc. puede consultarse en el apartado de formación de la web de Morcegos de Galicia.
Esperamos que sea de vuestro interés!

3/2/15

O PRUX do P.N. Fragas do Eume esqueceuse dos morcegos!

Tras moitos anos de retraso e un proceso nada participativo, a Xunta de Galicia ven de publicar a súa proposta de PRUX para o Parque Natural Fragas do Eume.
Un momento da presentación de resultados nas oficinas do parque en maio de 2010.


Nos anos 2008-2009, Drosera desenvolveu un intenso estudo dos morcegos deste espazo natural. Un estudo que pretendía aportar información relevante para a xestión axeitada dos quirópteros dentro do parque. Citáronse novas especies até un total de 16, localizáronse e caracterizáronse refuxios e zonas de cría, un sitio warming, fíxose unha valoración do estado de conservación de cada especie, e unha serie de recomendacións xerais para o grupo, e específicas para as diferentes especies e refuxios.
Invertíuse un ano e medio de traballo, participou un equipo de 7 persoas e invertíronse arredor de 60.000 euros, dos que só algo menos de 10.000 proviñan da Xunta de Galicia, pero non de Conservación nin do parque, senón da extinta convocatoria de axudas para entidades ambientais que durante o bipartito sacou a Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente.
Os resultados deste traballo foron expostos nun acto público nas oficinas do propio Parque Natural en maio de 2010 en presencia de Carlos Muñoz, jefe de Conservación da Natureza na provincia da Coruña, o entonces director do parque Luis Costa e a entonces directora da Fundación Biodiversidad, Ana Leiva. Unha copia do informe foi entregado á dirección do parque en dito acto. Esta é a referencia do informe:

Drosera (2010). Murciélagos del Parque Natural Fragas do Eume. Inventario, distribución, ecología. Informe non publicado.

Ademáis, parte dos resultados foron publicados tamén noutros foros, como por exemplo:

- Arzúa et al. (2010). Resultados del inventario de quirópteros del Parque Natural das Fragas do Eume (A Coruña). III Jornadas de Secemu, A Coruña. Novembro 2010.
- Hermida et al (2012). Contribución al conocimiento de la distribución de los Murciélagos (O. Chiroptera) en Galicia. Galemys, 24: 13-23.

Os pdf destes traballos pódense descargar da web de Morcegos de Galicia.

Despois de todo este esforzo, resulta desocorazondor ver que o texto proposto pola Xunta nin sequera menciona dito informe nin as publicacións derivadas. E como consecuencia, as novas especies citadas non aparecen recollidas: tal é o sangrante caso de Myotis bechsteinii, unha das especies máis ameazadas do contexto ibérico. Nin se recolle ningunha das propostas expostas no informe, claro está.
Máis aló deste informe, o apartado "Programa de actuacións a desenvolver" tampouco recolle ningunha actuación encamiñada, por exemplo, á protección de refuxios de quirópteros, a pesar de existir refuxios importantes no ámbito galego, que acobillan especies catalogadas, e cuxa protección sería sinxela e barata.
Tampouco se recolle ningunha medida específica de xestión forestal encamiñada á protección de refuxios das especies arborícolas.

En definitiva, todo o traballo feito parece que non valeu para nada!
Agora teremos que perder tempo en elaborar alegacións e agardar que un vento favorable as faga chegar a bo porto... 



7/10/14

Morcegos de Galicia estrea Facebook

Era cuestión de tempo... Morcegos de Galicia, o programa de estudo e conservación de morcegos de Drosera, estrea páxina en Facebook. Con ela agardamos achegar máis e mellor aos morcegos e as actividades que desenvolvemos a todos os que sintan verdadera paixón, ou só un pouco de curiosidade, por estes animais fascinantes. Únete!

14/9/14

Noite de morcegos nas Insuas do Miño

O vindeiro sábado participaremos nunha noite de morcegos organizada pola AGCT nas Insuas do Miño, en Rábade. Estades todos convidados!


6/5/14

54 solicitudes para as becas de prácticas Pérez Lafuente

Rematando o prazo de envío de curriculums para optar ás becas de prácticas Pérez Lafuente, recibimos xa 54 solicitudes chegadas de todas España, e incluso de varios países da América Latina.
Por desgraza, o número máximo de prazas dispoñibles é de 6. Sempre queda un certo sabor amargo cando non se pode atender ao interese de tantos estudantes e licenciados de bioloxía e ciencias ambientais, sobre todo, pero tamén de carreiras afíns, por coñecer mellor o mundo dos morcegos, a diversidade de especies e a súa conservación, os métodos de traballo.
Nos vindeiros días daranse a coñecer os seleccionados. E os que non tiverades sorte, sabede que sempre podedes contactar con nós para realizar tarefas de voluntariado ou prácticas de empresa, á marxe desta convocatoria específica para a que tivemos a sorte de contar coa financiación de Conservas Antonio Pérez Lafuente.

22/4/14

Becas Pérez Lafuente en bioloxía da conservación

Conservas Antonio Pérez Lafuente, S.A. e Drosera veñen de chegar a un acordo para a convocatoria de becas de prácticas en bioloxía da conservación para estudantes e profesionais do eido ambiental que queiran adquirir experiencia no traballo de campo con especies ameazadas. As prácticas estarán centradas na obtención de datos sobre a presencia de especies e de información sobre a ecoloxía da poboación, relevante para a súa conservación.

Neste ano 2014, as prácticas consistirán en estancias de 15 días ou un mes, nos meses de xuño a agosto, co equipo de Morcegos de Galicia.

Os participantes aprenderán a:
- Utilizar as técnicas básicas para a realización de inventarios de morcegos
- Identificar as diferentes especies de morcegos utilizando caracteres morfolóxicos
- Identificar as diferentes especies de morcegos a partir de rexistros acústicos
- Tomar datos biométricos e fisiolóxicos que aporten información útil sobre a ecoloxía da poboación

Conservas Antonio Pérez Lafuente facilita o importe preciso para que as persoas en prácticas podan desenvolver a súa formación sen coste algún.
Os interesados deben enviar un breve curriculum vitae a info@morcegosdegalicia.org indicando a quincena ou mes na que estarían interesados.

10/2/14

Curso de iniciación aos sondeos acústicos de morcegos

En colaboración coa OMIX de Tomiño, os días 26 e 27 de abril impartiremos un curso de iniciación aos sondeos acústicos de morcegos, no que se abordarán aspectos básicos da ecoloxía e bioacústica dos morcegos galegos, e as metodoloxías máis utilizadas para o seu seguemento.
O curso terá unha duración de 20 horas e combinará teoría e práctica.
Especialmente enfocado para xente que traballe ou pretenda traballar en impacto e seguemento ambiental (como parques eólicos) e para calquera que queira achegarse a este descoñecido grupo de mamíferos.
Inscición: tlf. 986623304 ou enviando un correo electrónico a omix@concellotomino.com

3/2/14

Nova actualización do Atlas dos Morcegos de Galicia

O Atlas dos Morcegos de Galicia ven de actualizarse de novo con datos procedentes, principalmente, das campañas 2012-2013. O número de cuadrículas UTM 10x10 km que contan con información sobre a presencia de morcegos é xa moi importante e abrangue a maior parte do territorio galego.
Aínda que a información segue a ser deficiente para algunhas especies máis escasas ou difíciles de detectar (Myotis alcathoe, Myotis bechsteinii, Nyctalus lasiopterus) aumentase notablemente o coñecemento da distribución da maior parte das especies presentes en Galicia.
Destacamos o achádego de novas poboacións de Myotis alcathoe, Myotis cf nattereri (Myotis spA), Myotis mystacinus ou Nyctalus lasiopterus.
Engádense en total máis de catrocentas novas citas ao atlas. A calidade desta nova actualización foi posible grazas á colaboración de moitas persoas.
O avance realizado no estudo da composición da ensamblaxe de morcegos no sector máis oriental do Courel foi posible pola labor realizada polo equipo da Sociedade Holandesa de Mastozooloxía durante o "Summercamp 2012". Foi un pracer compartir con eles doce intensos días de campo, xunto con Paulo Barros, amigo e colaborador habitual, e que tivo unha parte importante de culpa na celebración deste campo de traballo científico na nosa terra.
Moitos colaboradores que contactaron con nós para facilitarnos a localización de refuxios ou o achádego de exemplares de morcegos, entre os que debemos destacar a Cosme Damián Romai e Sergio Paris (agora compañeiro de Drosera); Xosé Pardavila, de "Sorex, ecoloxía e medio ambiente", non dubidou en compartir os datos obtidos no interesante proxecto desenvolvido por esta empresa no P.N. Baixa Limia - Serra do Xurés. Nalgúns casos, foron propietarios de construccións utilizadas como refuxio polos morcegos os que nos facilitaron a recolección de datos. Grazas a todos eles polo seu interese e a súa sensibilidade.
Tamén temos que agradecer A Conservas Antonio Pérez Lafuente S.A. a colaboración económica prestada para sufragar os custes xerados polo traballo de campo.

Quixemos facer unha pequena presentación do Atlas para aqueles que nunca traballarades con el ou non coñezades a súa orixe e obxectivos. Agardamos que vos sexa de utilidade.

Este ano 2014 Drosera cumpre 10 anos! Grazas a todos os que compartíchedes tempo, esforzos e ilusións con nós durante este tempo. Sen dúbida é por eso que chegamos ata aquí. Ogallá poidamos celebrar con vos este aniversario como se merece.

Saudos,
Xunta Directiva de Drosera

12/11/13

Presentación nas Pontes do libro ¿Para que sirven las aves?


Este venres 15 de novembro Antonio Sandoval visitará As Pontes para presentar o seu libro "¿Para que sirven las aves?". Será na biblioteca municipal ás 20:00 horas.

Un libro de divulgación no que viaxes, tramas de espionaxe e episodios da historia da ciencia percorren as súas páxinas da man do mundo das aves.

Antonio Sandoval Rey (A Coruña, 1967) é escritor e comunicador ambiental, ademais dun apaixoado ornitólogo.
É socio fundador e foi vicepresidente da Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) e fundador da Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA), presidente do Grupo Naturalista Hábitat da Coruña e Coordinador do Grupo Ibérico de Aves Marinas (GIAM) da Sociedad Española de Ornitología - SEO/BirdLife.
Escribíu numerosos artigos sobre ornitoloxía para publicacións científicas e divulgativas, e é coeditor de “A Carriza”, revista científica da Sociedade Galega de Ornitoloxía.


30/10/13

Dispoñible o informe do Campo de Traballo Científico do Courel 2012


No verán de 2012 a Sociedade Holandesa de Mastozooloxía organizou un campo de traballo científico sobre mamíferos con base na Seara do Courel. Desde Drosera axudamos na loxística local e algúns de nós participamos tamén no campo. Durante 10 intensísimos días mostreouse todo tipo de mamíferos (e algún outro grupo, de paso) obténdose interesantes citas de especies como Myotis alcathoe, Myotis spA, Galemys pyrenaicus ou Canis lupus. Todo está recollido no informe que acaban de publicar desde a SHM e que está dispoñible para descarga na súa páxina web. ¡Agardamos que sexa do voso interese!

28/9/13

El baile de los murciélagos

¿Non puideches ver o programa "El baile de  los murciélagos" en El Escarabajo Verde?
Aquí o tes:

6/9/13

Un estudo do BCT alerta sobre o declive do orelludo gris en Gran Bretaña





Un informe publicado recentemente polo Bat Conservation Trust  cifra en arredor de 1000 os exemplares de orelludo gris (Plecotus austriacus) en Gran Bretaña e alerta de que o declive podería continuar se non se toman as axeitadas medidas de protección.
Se queres ver o informe completo, fai click AQUÍ.

1/6/13

Novo curso sobre morcegos o 15 e 16 de xuño

Esta vez cun enfoque diferente. Se ata o de agora os nosos cursos pretendían afondar sobre algunha das metodoloxías que se aplican no estudo dos morcegos, esta vez queremos ofrecer, nun mesmo curso, unha completa introdución ao estudo do grupo.

Por iso, ademáis dos sondeos acústicos e a revisión de refuxios, xa tratados en cursos anteriores, introducimos como novidade a captura de morcegos con redes de néboa e trampas arpa, o método máis completo para a realización de inventarios faunísticos, o que ofrece máis información sobre os individuos detectados e que resulta imprescindible para outros traballos como o radioseguemento ou a marcaxe individual.

Un curso deseñado para todos aqueles que algunha vez pensaron en achegarse aos morcegos e non souberon por onde comezar.

Toda a información do curso se pode consultar na web de Morcegos de Galicia.


7/5/13

Novas actividades de Morcegos de Galicia



Noite de morcegos
Participamos nas Noites Abertas de Pontevedra da man de Vaipolorio. A cita é o venres 10 ás 21:00 na estación de autobuses de Pontevedra, para buscar morcegos polo río Gafos.

Curso para formadores
Conservando a diversidade dun mundo cambiante: os morcegos
Aínda quedan prazas para este curso que desenvolveremos o sábado 11 en colaboración coa Fundación Barrié.
Será en Rábade, na Casa das Insuas, de 16:00 a 23:30.
Para máis información e inscricións AQUÍ

Ea vindeira semana, máis.
Agardámosvos!

13/12/12

Desautorizadas as fumigacións aéreas co pesticida Cascade

Unha moi boa nova para os insectos, os insectívoros e o noso entorno natural en xeral. Noraboa á Plataforma contra as Fumigacións por todo o traballo desenvolvido!
Toda a información está na web da Plataforma.