5/5/07

Celebrada a 1ª xornada de iniciación ao sondeo acústico de morcegos

Asistentes ás xornadas (foto: Lilo Coira)

O pasado venres 4 xuntámonos 24 persoas en Rábade para comezar a familiarización coas técnicas de mostreo acústico de morcegos.
Despois dunha pequena introducción teórica, e aínda que non tivemos a mellor noite de morcegos, puidemos escoitar e observar algúns exemplares.
Desde Drosera quedamos moi satisfeitos co resultado desta xornada, pois constatamos que existe un gran interese polos morcegos e moitas gañas de traballar.
Ogallá esto represente un pulo para un traballo máis sistemático sobre morcegos en Galicia.
Temos que agradecer a Óscar e a Lilo a axuda prestada para conseguir facer a xornada nun lugar tan propicio, e ao grupo Numenius que nos subvencionara as cañas.
Agardamos que a próxima xornada esperte tanto interese como esta.

No hay comentarios: