31/1/08

Masa Crítica en Lugo



Os que apostamos por un cambio na noso xeito de relacionarnos co entorno, natural ou urbano, estamos de noraboa. Hoxe comezamos en Lugo a Masa Crítica, un movemento acéfalo, un colectivo autoorganizado de persoas que utilizamos a bici como medio de transporte urbano sinxelo, barato, silencioso e non fumeante. E que queremos que se lle faga un espazo na cidade a este xeito de moverse, para ben de todos.
A partires de agora celebraremos e reivindicaremos o uso da bici o último xoves de cada mes, comezando por hoxe.
Sairemos de diante do concello ás 20,15h.
Porque o movemento se demostra pedaleando.

No hay comentarios: