24/3/11

Morcegos e escarabellos

Fai tempo que se coñece a estreita dependencia dalgunhas especies de morcegos da existencia de gando en extensivo - nas paisaxes agrogandeiras como a galega -  debido a que este favorece a existencia de saudables poboacións de insectos presa. É o caso do morcego de ferradura grande, que se alimenta en boa medida de escarabellos coprófagos. Ilustra ben esta relación a seguinte reportaxe. Neste senso, a paulatina redución (e incluso desaparición) do gando mostrenco nalgunhas zonas de Galicia sen dúbida supón unha ameaza á conservación das poboacións dalgunhas especies de morcegos ameazadas.

1 comentario:

Iria Veterinaria dijo...

ola! pinta interesante o teu blog asi de primeiras, agora mirareino con mais calma. Un saudiño doutra pontesa!!