7/5/12

Estivemos no dia da ciencia na rúa 2012


Por segundo ano fomos convidados pola Fundación Barrié a participar no dia da Ciencia na Rúa que se celebrou o pasado sábado no parque de Santa Margarida da Coruña. Un día emocionante rodeados de inventos, actividades divulgativas, experimentos... todo nun ambiente festivo e acompañados por un tempo inmellorable.
Os morcegos se fixeron presentes na forma de figuras de papiroflexia que os nenos máis atrevidos puideron facer durante a maior parte do día. E adicamos dous obradoiros (un de mañá e un de tarde) á construcción de refuxios para morcegos que serán utilizados nun proxecto de investigación nas Ínsuas do Miño (Rábade).
¡Graciñas a todos os que nos axudáchedes a apretar tornillos e aos que estiveron detrás da estupenda organización das actividades!

No hay comentarios: