1/6/13

Novo curso sobre morcegos o 15 e 16 de xuño

Esta vez cun enfoque diferente. Se ata o de agora os nosos cursos pretendían afondar sobre algunha das metodoloxías que se aplican no estudo dos morcegos, esta vez queremos ofrecer, nun mesmo curso, unha completa introdución ao estudo do grupo.

Por iso, ademáis dos sondeos acústicos e a revisión de refuxios, xa tratados en cursos anteriores, introducimos como novidade a captura de morcegos con redes de néboa e trampas arpa, o método máis completo para a realización de inventarios faunísticos, o que ofrece máis información sobre os individuos detectados e que resulta imprescindible para outros traballos como o radioseguemento ou a marcaxe individual.

Un curso deseñado para todos aqueles que algunha vez pensaron en achegarse aos morcegos e non souberon por onde comezar.

Toda a información do curso se pode consultar na web de Morcegos de Galicia.


No hay comentarios: