30/10/13

Dispoñible o informe do Campo de Traballo Científico do Courel 2012


No verán de 2012 a Sociedade Holandesa de Mastozooloxía organizou un campo de traballo científico sobre mamíferos con base na Seara do Courel. Desde Drosera axudamos na loxística local e algúns de nós participamos tamén no campo. Durante 10 intensísimos días mostreouse todo tipo de mamíferos (e algún outro grupo, de paso) obténdose interesantes citas de especies como Myotis alcathoe, Myotis spA, Galemys pyrenaicus ou Canis lupus. Todo está recollido no informe que acaban de publicar desde a SHM e que está dispoñible para descarga na súa páxina web. ¡Agardamos que sexa do voso interese!

No hay comentarios: