Conservas Antonio Pérez Lafuente, S.A. e Drosera veñen de chegar a un acordo para a convocatoria de becas de prácticas en bioloxía da conservación
para estudantes e profesionais do eido ambiental que queiran adquirir
experiencia no traballo de campo con especies ameazadas. As prácticas
estarán centradas na obtención de datos sobre a presencia de especies e
de información sobre a ecoloxía da poboación, relevante para a súa
conservación.
Neste ano 2014, as prácticas consistirán en
estancias de 15 días ou un mes, nos meses de xuño a agosto, co equipo de
Morcegos de Galicia.
Os participantes aprenderán a:
- Utilizar as técnicas básicas para a realización de inventarios de morcegos
- Identificar as diferentes especies de morcegos utilizando caracteres morfolóxicos
- Identificar as diferentes especies de morcegos a partir de rexistros acústicos
- Tomar datos biométricos e fisiolóxicos que aporten información útil sobre a ecoloxía da poboación
Conservas Antonio Pérez Lafuente facilita o importe preciso para que as
persoas en prácticas podan desenvolver a súa formación sen coste algún.
Os interesados deben enviar un breve curriculum vitae a info@morcegosdegalicia.org indicando a quincena ou mes na que estarían interesados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario