Un momento da presentación de resultados nas oficinas do parque en maio de 2010.
Nos anos 2008-2009, Drosera desenvolveu un intenso estudo dos morcegos deste espazo natural. Un estudo que pretendía aportar información relevante para a xestión axeitada dos quirópteros dentro do parque. Citáronse novas especies até un total de 16, localizáronse e caracterizáronse refuxios e zonas de cría, un sitio warming, fíxose unha valoración do estado de conservación de cada especie, e unha serie de recomendacións xerais para o grupo, e específicas para as diferentes especies e refuxios.
Invertíuse un ano e medio de traballo, participou un equipo de 7 persoas e invertíronse arredor de 60.000 euros, dos que só algo menos de 10.000 proviñan da Xunta de Galicia, pero non de Conservación nin do parque, senón da extinta convocatoria de axudas para entidades ambientais que durante o bipartito sacou a Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente.
Os resultados deste traballo foron expostos nun acto público nas oficinas do propio Parque Natural en maio de 2010 en presencia de Carlos Muñoz, jefe de Conservación da Natureza na provincia da Coruña, o entonces director do parque Luis Costa e a entonces directora da Fundación Biodiversidad, Ana Leiva. Unha copia do informe foi entregado á dirección do parque en dito acto. Esta é a referencia do informe:
Drosera (2010). Murciélagos del Parque Natural Fragas do Eume.
Inventario, distribución, ecología. Informe non publicado.
Ademáis, parte dos resultados foron publicados tamén noutros foros, como por exemplo:
- Arzúa et al. (2010). Resultados del inventario de quirópteros del
Parque Natural das Fragas do Eume (A Coruña). III Jornadas de Secemu, A Coruña.
Novembro 2010.
- Hermida et al (2012). Contribución al conocimiento de la
distribución de los Murciélagos (O. Chiroptera) en Galicia. Galemys, 24: 13-23.
Os pdf destes traballos pódense descargar da web de Morcegos de Galicia.
Despois de todo este esforzo, resulta desocorazondor ver que o texto proposto pola Xunta nin sequera menciona dito informe nin as publicacións derivadas. E como consecuencia, as novas especies citadas non aparecen recollidas: tal é o sangrante caso de Myotis bechsteinii, unha das especies máis ameazadas do contexto ibérico. Nin se recolle ningunha das propostas expostas no informe, claro está.
Máis aló deste informe, o apartado "Programa de actuacións a desenvolver" tampouco recolle ningunha actuación encamiñada, por exemplo, á protección de refuxios de quirópteros, a pesar de existir refuxios importantes no ámbito galego, que acobillan especies catalogadas, e cuxa protección sería sinxela e barata.
Tampouco se recolle ningunha medida específica de xestión forestal encamiñada á protección de refuxios das especies arborícolas.
En definitiva, todo o traballo feito parece que non valeu para nada!
Agora teremos que perder tempo en elaborar alegacións e agardar que un vento favorable as faga chegar a bo porto...
4 comentarios:
Isto paréceme un auténtico escándalo!! Primeiro por tratarse dun grupo faunístico de especial dificultade para o seu estudo. Todos os mamíferos son complexos pero o dos quirópteros debe ser tremendo (xa me ten contado Manu).
Pero aínda encima que te chuleen logo de tantas e tantas horas de traballo e de tantos cartos invertidos...
En fin, eu estiven nunha xuntanza na Coruña na que se falaba de ambiciosos planos de xestión para a conservación da Píllara das dunas e da Escribenta das canaveiras, na que saín coa sensación de que era todo unha farsa, sen inversións nen intencións reais de aplicalos. E sabedes quén estaba tamén "presidindo" a mesa? Si, o mesmo C.M.
Un saúdo e moitos ánimos. Que algúns si valoramos, e moito, o traballo que estades a facer en Drosera
O bo traballo vale e ten que prevaler, ben que sexa lamentable unha desidia tan flagrante coma esta, por moito que Conservación teña tan alto o listón de deberes non feitos. Hai que seguir, incluso dando en ferro frío.
Xan
Asi nos vai..
Non so no da escribenta, no dos sapoconchos levan retraso moitas das accions previstas e parte das obras que se estan a facer semellan mais perxudiciais que beneficiosas.
Non sei se haberia que irse a Europa, ou que facer. Pero a miña experiencia nas alegacions ao plan, e que non lles fan nin caso.
Saudos,
Cesar
here is Digitizing Services for it ^*&*%^&^%^465#$34^%$55$6436#$56
Publicar un comentario