19/12/07


Do 5 ao 8 de este mes celebráronse en Huelva as “VIII Jornadas de la SECEM”. Foi un encontro mastozoolóxico no que se presentaron traballos de ecoloxía, conservación, distribución, etc... dos diferentes grupos de mamíferos. Así houbo charlas de lince, lagomorfos, ungulados, lobo,... e, por suposto, quirópteros.
A tarde do venres xuntamonos os estudiosos e amantes destes bichos para asistir ás ponencias orais de Carles Flaquer, sobre métodos de estudio na inventariación de especies, Jose Luis García presentou datos xenéticos que indican que o Estreito de Gibraltar non supón unha barreira para os morcegos en xeral, nin en canto á súa diferente capacidade de voo, Egoitz Salsamendi comparou a diferente utilización do hábitat en dúas colonias de morcego mediano de ferradura (Rinolophus mehelyi) mediante radioseguemento, logo tocoulle a Drosera, concretamente a Roberto, que presentou os datos preliminares dos sondeos acústicos que estamos a realizar na provincia de Lugo, finalmente Irene Salicini expuxo datos xenéticos do complexo específico Myotis nattereri a nivel europeo.
A parte do grande interese das comunicacións orais e paneis, tamén foron altamente interesantes e moi enrriquecedoras as “charlas de pasillo”(e bar por suposto), con vellos e novos conocidos, compartindo experiencias, aprendendo cousas e programando encontros ou novos proxectos.
Por si vos interesa, a páxina web das xornadas é esta: http://www.secemhuelva07.com/

No hay comentarios: