24/1/08

Fondo Galego de Custodia do Territorio

Despois de darlle moitas voltas ao tema, de formarnos e informarnos, de establecer contactos, Drosera e Numenius decidimos dar un paso importante nos nosos traballos de custodia e propoñer a creación dunha entidade galega de custodia do territorio capaz de asumir proxectos de certo peso.
De maneira provisional chamámoslle Fondo Galego de Custodia do Territorio, pero tanto o nome definitivo como todo o que se refire á organización interna, liñas estratéxicas, vías de financiamento, etc., proporémolo e discutirémolo na xuntanza que terá lugar en Rábade o 23 de febreiro.
Se estas interesado en participar na creación desta entidade, envía un correo cos teus datos a fgcustodia@gmail.com. A primeiros de febreiro recibirás unha invitación para un foro de discusión por internet no que comezaremos a traballar algunhas ideas e documentos de cara ao 23F.
Agardamos, con esta iniciativa, poñer o noso grao de area na conservación do patrimonio natural galego.

No hay comentarios: