30/9/08
Éxito da Noite Europea dos Morcegos en Pontevedra
Cun mes de retraso, debido ao traballo de campo, vacacións, etc., deixamos por aquí unhas fotos e videos da Noite Europea dos Morcegos que celebramos, por primeira vez en Galicia, xunto cos amigos de Vaipolorío, no río Gafos de Pontevedra.
O certo é que o interese que espertou a actividade superou as nosas mellores previsións. A repercusión mediática foi grande (mira aquí a nova que fixo a TVG), e asistiron máis de 40 persoas ás actividades.
Durante a tarde construimos e instalamos caixas-refuxio para morcegos no entorno do río Gafos. Logo fixemos un xogo interpretativo, desfrutamos dunha merenda todos xuntos e, pola noite, escoitamos aos morcegos na caza e capturamos algúns exemplares que puidemos observar de perto mentres os biólogos de Drosera tomaban datos morfolóxicos e fisiolóxicos.
Foi, ante todo, unha agradable xornada cos morcegos como protagonistas, na que ademáis desfrutamos da compaña e o saber da xente de escoitar.org, reecontrámonos con vellos amigos e fixemos algúns novos.
Desde aquí as nosas felicitacións para Vaipolorío por todo o traballo que desenvolven no río Gafos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario