15/6/09

Drosera e Anduriña, propietarios dunha carballeira no Morrazo



Despois de moito esforzo, podemos felicitarnos porque Drosera e o Grupo de Anelamento Anduriña xa somos propietarios dunha parcela de carballeira madura na parroquia de Ardán (Marín).
Pertencente en parte a unha antiga devesa real, a carballeira exténdese entre as parroquias de Cela (Bueu) e Ardán (Marín), albergando interesantes poboacións de especies florísticas e faunísticas.
Destacamos, porque nos toca máis na fibra, as sorprendentes poboacións reproductoras de morcegos forestais como Myotis bechsteinii, Barbastella barbastellus e Nyctalus leisleri, entre outros.
Agardamos contribuir deste xeito á conservación de especies forestais ameazadas e queremos que este sexa un primeiro paso para a conservación deste fermoso e ameazado bosque caducifolio morracense.
Non podemos deixar de agradecer á Obra Social de Caixa Catalunya a concesión da axuda para o proxecto "Conservación de refuxios importantes para quirópteros en Galicia" realizado por Drosera, que permitíu facer realidade esta adquisición.

4 comentarios:

Jordi Pietx dijo...

Desde Cataluña os felicitamos por esta compra y por seguir innovando y creyendo en esta forma participada de conservación que es la custodia del territorio. Adelante!

Vuestro acto de compra nos servirá también en el proceso de debate que mantenemos con la Generalitat de Catalunya, que está dispuesa a reconocer a nivel legal y ampliar las oportunidades legislativas de la custodia pero de momento nos pide que la compra de terrenos quede fuera de las formas reconocidas legalmente de acuerdo de custodia. Esperamos que con vuestro ejemplo los argumentos sean de mayor peso!

Reitero las felicidades,

Jordi Pietx, xct*

PD en el noticiario xct de julio vendrá una notícia al respecto.

manitoledo dijo...

Noraboa!

Anónimo dijo...

pois dende A Cova da Terra tamén queremos felicitarvos. Por algo se empeza e anda que non deben caber bichos en todo ese terreo!!! Para cando unha parceliña en Lugo???
Un bico especial para Rober

jose manuel dijo...

Dende ADEGA Lugo queremos felicitaros por esta compra y que no se quede ai, ya que creemos que es una manera de conservar la naturaleza de Galicia contra la especulacion.