23/11/09

Videotrampeo - teixugo



Vimos de inaugurar unha canle no Youtube para ir colgando videos das nosas actividades, como os obtidos coas cámaras de foto/video-trampeo. Estas cámaras, das que hoxe hai decenas de tipos e prezos, son moi útiles para obter dun xeito sinxelo e non invasivo, información sobre a fauna máis esquiva do noso entorno. Sirva como exemplo este teixugo que gabeou por un vello castiñeiro para chegar a un cebo de calamares na súa tinta que non estaba pensado para el...

No hay comentarios: