7/5/10

Presentado o informe sobre os morcegos das Fragas do Eume

 (Na imaxe, de esquerda a dereita: Roberto Hermida, Carlos Muñoz, Ana Leiva e Jesús Losada)

Despois de dous anos de traballo, onte presentamos os resultados do estudo "Inventario de especies e refuxios de quirópteros do parque natural Fragas do Eume". Este traballo representa o meirande esforzo realizado no estudio da comunidade de morcegos dun espazo natural galego.
As Fragas do Eume presentan unha comunidde de quirópteros diversa, composta por 16 especies, entre as que destacan, polo seu interese, as especies máis ligadas a medios forestais, como Myotis mystacinus, Myotis alcathoe, Myotis bechsteinii, Myotis spA ou Barbastella barbastellus. O informe presenta o estatus coñecido e unha cartografía de distribución das especies presentes no parque natural, así como un inventario de refuxios de morcegos. Entre as novedades do proxecto se contan: o uso de radioseguemento e a identificación molecular de especies crípticas, a primeira localidade coñecida en Galicia para Myotis spA ou a descripción do primeiro sitio swarming de Galicia.
Como colofón, o informe inclúe diversas propostas para a conservación das poboacións de morcegos nas Fragas do Eume.
No acto participaron representantes das entidades financiadoras: Ana Leiva (Directora da Fundación Biodiversidad), Jesús Losada (Reganosa) e Carlos Muñoz (Consellería do Medio Rural). Pechou o acto Luis Costa, director do parque natural. Para todos eles, unha vez máis, o noso público agradecemento por facer posible este proxecto.
E gracias tamén a todos os que, dun ou outro xeito, participastes neste proxecto!
O acto foi seguido por numerosos medios de comunicación. Aquí enlazamos as novas xeradas en La Voz de Galicia e El Diario de Ferrol.

No hay comentarios: