7/10/10

Segregación espacial nos morcegos

Non é un fenómeno estrano nos morcegos que machos e femias ocupen zonas xeográficas diferentes durante a época de cría. É unha situación evidente no caso de especies migradoras, como Nyctalus leisleri ou Nyctalus noctula, nas que as zonas de reproducción das femias están a centos ou miles de kilómetros dos machos. A menor escala, puidose comprobar en Inglaterra como as femias de Myotis daubentonii ocupan principalmente os cursos baixos dos ríos durante a cría, mentres os machos aparecen río arriba. Algo semellante parece suceder con Nyctalus lasiopterus no sur da Península Ibérica.
Durante o ano 2009 puidemos comprobar a presenza habitual de machos de Myotis escalerai e Myotis spA no parque natural Fragas do Eume, máis non atopamos nin unha soa femia. Algo semellante estalles a suceder ós investigadores que traballan coa especie Myzopoda aurita en Madagascar. A localización de poboacións formadas exclusivamente por machos aumenta, pero das femias, nin rastro. De ahí que xa estean a falar dun xeito de vida monástico e do desconcero dos investigadores. Ben, sempre nos desconcerta o descoñecido, non si?


Se queres ler máis sobre o caso de Myzopoda aurita (na foto), fai click aquí.

No hay comentarios: