23/11/10

Celebradas con éxito na Coruña as III Xornadas de SECEMU

O pasado fin de semana celebramos na sede da Fundación Pedro Barrié de la Maza en A Coruña, as III Xornadas de SECEMU. Máis de cen participantes, entre investigadores, consultores e aficionados ós morcegos, démonos cita para expoñer os resultados dos nosos traballos e compartir experiencias.
Desta volta as xornadas tiñan un apartado adicado ás técnicas de seguemento de morcegos, de gran interese para todos os que se adican á realización de traballos de avaliación e seguemento ambiental.
As xornadas remataron no mediodía do domingo coa celebración dunha mesa redonda na que se expuxo a situación actual dos traballos de monitorización de morcegos en parques eólicos e fixéronse propostas para mellorar os protocolos de traballo.
Drosera actuou nestas xornadas como comité local, ademáis de presentarmos 3 comunicacións.
Ata as vindeiras xornadas!

No hay comentarios: