24/7/11

Longas noites de morcegos

O verán é época de traballo duro para os que nos adicamos aos morcegos. Son moitas as noites lonxe dunha cama e os dias lonxe dunha ducha. Nas montañas de Ancares e Courel - nas que estamos a traballar no proxecto "Morcegos e soutos" - as noites son frías, incluso as que seguen a xornadas calurosas. As mensaxes e chamadas perdidas de amigos e familiares petan no móbil nos escasos momentos en que collen cobertura. Dias e noites vanse botando nas costas e o cansanzo avanza tan rápido coma o propio verán. E o que queda! Ata comezado o outono seguiremos nos montes, desfrutando da conversa calma da xente da montaña, do vento fresco nas meixelas coloreadas polo sol, do barullo dos pícaros regatos, de ceos frios, ateigados de estrelas, mentres agardamos que as redes fagan o seu traballo e nos amosen algún segredo novo dos morcegos da montaña.

1 comentario:

Paulo Barros dijo...

Que envidia ^_^
Suerte con las redes e buenas capturas.
Apertas,
Paulo Barros