30/12/11

Revisión-modificación das caixas refuxio do Miño

O pasado luns estivemos traballando na rede de caixas refuxio que instalamos nas Insuas do Miño. Ademáis de revisar e limpar as caixas, estamos a descolgar todas as caixas sen panel interior do modelo 2F de Schwegler, xa que o seu índice de ocupación por páridos, ratos e avespas é moi elevado, o que fai que estean a ser pouco usadas por morcegos. Estamos a instalarlles un panel interior semellante ao que trae o modelo orixinal de Schwegler con panel interior, dado que estas caixas sí están tendo un bo éxito e apenas son utilizadas por aves ou avespas. O certo é que a diferencia de prezo na compra das caixas con ou sen panel interior é duns 10 euros, e facer unha instalación de paneis interiores "caseira" ven supoñendo apenas 1 euro por caixa. Sen contabilizar, eso sí, a man de obra!

Revision caixas do Miño I

1 comentario:

Paulo Barros dijo...

Los paneles interior serán de madera o corcho?
Buen Año para todos
Apertas,
Paulo Barros