31/1/12

Nova web MORCEGOSDEGALICIA.ORG

Máis completa, máis actualizada, a páxina web de Morcegos de Galicia ven de renovarse por completo. Na nova web poderás atopar información sobor do programa Morcegos de Galicia, os nosos proxectos, actividades, cursos, prácticas, os morcegos presentes en Galicia (con referencia á información biométrica e ecolóxica obtida en Galicia) e, por suposto, o Atlas dos Morcegos de Galicia, no que poderás consultar toda a información da que dispoñemos da distribución das especies presentes no país.
Sen esquecerse de todos os xeitos cos que podes colaborar con Morcegos de Galicia.
Agardamos que resulte do teu interese e agardamos tamén as túas suxerencias para seguir mellorando.

A renovación da web foi posible grazas ao apoio económico da Fundación Barrié, a través do Proxecto Hippos.

1 comentario:

Xabi Prieto dijo...

Parabéns pola renovación. Que unha asociación traballe nun campo tan pouco coñecido e difícil coma os os morcegos é sempre unha boa nova.

Unha aperta.

PD: Manu, que tal a Fuji? Vai ou non vai?