21/5/12

Acordo con Conservas Antonio Pérez Lafuente para estudar a poboación de Myotis bechsteinii do Morrazo


Conservas Antonio Pérez Lafuente financiará un estudo que permitirá profundizar no coñecemento da única poboación reprodutora coñecida en Galicia de Myotis bechsteinii. Trátase dunha das especies máis ameazadas da Península Ibérica. Está íntimamente ligada a bosques maduros, un hábitat escaso e en regresión en boa parte de Galicia, polo que foi catalogada como Vulnerable no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.
A poboación sobre a que se desenvolverá o estudo habita pequenas formacións de bosque caducifolio autóctono que se conservan a cabalo dos concello de Bueu e Marín, na Península do Morrazo.
O estudo financiado por  Conservas Antonio Pérez Lafuente - que se desenvolverá ao longo dos vindeiros meses - permitirá coñecer as necesidades de hábitat das femias desta poboación durante unha etapa fundamental do período reproductor e, deste xeito, dirixir máis eficazmente futuros esforzos para a súa conservación.
Ademáis, este estudo formará parte da tese de máster dunha bióloga galega, alumna da Universidade Complutense de Madrid.

2 comentarios:

Paulo Barros dijo...

Parabéns e sorte para o estudo!

Drosera dijo...

Obrigado Paulo!