Participantes do campo de traballo internacional sobre mamíferos.
O pasado venres rematamos o campo de traballo internacional sobre mamíferos que coorganizamos coa Sociedade Holandesa de Mamíferos. 17 persoas de 4 países estivemos durante 10 días (coas súas noites) na Seara do Courel recabando información sobre os diferentes grupos de mamíferos presentes no Courel, principalmente nos vales dos ríos Selmo e Soldón. Por suposto, un dos grupos que recibíu maior atención foi o dos morcegos. Esto permitíunos localizar unha nova zona de cría para Myotis alcathoe en Galicia (a segunda conocida) ou citar por primeira vez para O Courel Myotis spA. Ademáis de comprobar o retraso que o frío e chuvioso final de primavera causou na reproducción de varias especies de morcegos. Tamén puidemos observar aguaneiras, martas, lobos... e outras moitas especies de insectos, aves, reptís... O mellor, como sempre nestes casos: a convivencia e o intercambio de experiencias e intereses. Nuns meses teremos un informe completo de todo o observado que se poderá consultar no noso web. ¡Ata entón haberá que agardar!
1 comentario:
Uma experiência que temos que repetir!
Publicar un comentario