29/10/12

Unha ollada aos morcegos

Con estas xornadas pechamos o bienio adicado internacionalmente aos morcegos co obxectivo de dar a coñecer este interesante e descoñecido grupo, os seus xeitos de vida e a importancia da súa conservación.
Presentaranse os resultados de dous proxectos realizados durante o Ano dos Morcegos por Morcegos de Galicia - Drosera, estrearanse dous documentais realizados sobre o noso traballo e Danny Rojas, investigador cubano da Universidade de Vigo, falaranos sobre as relacións entre prantas e filostómidos, a familia máis diversa de morcegos americanos.
Por suposto, as xornadas son abertas e de balde.

No hay comentarios: