22/5/07

Comeza unha nova e incerta tempada de cría

O mes de maio avanza e os morcegos prepáranse para a cría. Sobrados, igrexas, pontes, árbores senlleiras, minas e covas conforman os cada vez maís escasos e ameazados refuxios de cría para estas especies.
As reformas nas construccións ou o seu desmoronamento por abandono, a perda de árbores senlleiras, o peche inadecuado nunhas minas e a falta de limitación no aceso a outras (así como a moitas covas), fan que cada vez sexa máis difícil para os morcegos atopar un refuxio estable para esta crucial época do ano.

Algúns refuxios que no pasado recente albergaron colonias de centos de individuos, aparecen hoxe valeiros, con montóns de guano como testemuñas mudas do que foran as cousas. No chan e paredes de minas e galerías aparecen bolsas de pipas, nomes gravados, restos de lumes, formacións calcáreas amputadas...

Aínda así, chega a primavera e de novo os morcegos se esforzan por sacar adiante a descendencia. A nós nos toca tomar medidas para que esa descendencia teña futuro na nosa terra.

(Antiga mina de ferro. Foto:RXHL/DROSERA)

No hay comentarios: