28/5/07
Drosera coa protección das montañas
As montañas "tiran" de nós, e moito, como aos rebecos, é un sentimento que levamos ben adentro e que nos conduce, egoistamente, a querer conservalas, polo que nos presta camiñar por elas e lles prestará aos nosos fillos, netos,... Dende este sentimento-compromiso acollimos con grande satisfacción a iniciativa de conservación de "Montañas en Red"(www.redmontanas.org). Así é que o día 12 de maio fixemos un "paseiño" de 26 km polos Ancares, dende A Degrada, subindo a Tres Bispos por Cabanavella e cresteamos até o Mustallar, que é onde está tirada esta foto, aí aínda nos quedaba a volta (buf! quedamos mallados, pero felices). Nin unha soa montaña se protección!!!. Manito, Javi e Fran (de dereita a esquerda)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario