4/5/07

Os morcegos e a conservación da biblioteca de Mafra














"A guía tira dun caixón unha caixiña transparente cun morcego morto do seu interior e nolo amosa.

-Os libros de Mafra conserváronse perfectamente ao longo destes séculos. E a explicación son morcegos coma este. Os monxes criaron unha colonia de morcegos para manter protexidos os libros. Os morcegos voan ceibes pola biblioteca polas noites e devoran aos insectos. Case nunca os podemos ver, pero sabemos que están porque de cando en vez aparece algún morto, como este que ven aquí. Ou…tamén os vemos, cando hai concertos de música pola noite aquí na biblioteca. Se un mira para a escuridade das bóvedas, detrás das cadeiras, pode velos voar alí entolecidos na escuridade do teito.

Os morcegos non manchan os libros, porque saen ao exterior a través de pequenas aberturas practicadas nos ventanais máis altos."

*Texto extraido do weblog de Manuel Gago

No hay comentarios: