O momento da saída do refuxio diurno é un momento crítico para os morcegos.
Por un lado, os cazadores aéreos deben aproveitar o pico de insectos que se produce ao solpor. Por outro, sair demasiado cedo implica expoñerse á predación por especies diurnas, como a pega do video que se amosa a continuación.
Os morcegos que cazan sobre superficies, como fan con frecuencia os rinolófidos, os Plecotus e algunhas especies do xénero Myotis, ao non depender dos picos de insectos aéreos, minimizan o risco de predación saindo do refuxio cando xa está escuro e os predadores diurnos se retiraron a descansar.
Se coñeces algún refuxio de morcegos, fíxate a que hora saen do mesmo no solpor. É toda unha leción de ecoloxía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario