29/8/07

O morcego pequeno de ferradura paraliza a construción da nova ponte de Dresde

Despois do turbulento debate sobre a construción dunha nova ponte sobre o Elba, na cidade alemana de Dresde - á que se opoñía a UNESCO, e incluso ameazou con retirar o título de patrimonio da humanidade a esta cidade - foi un morcego, o pequeno de ferradura (Rhinolophus hipposideros) o que veu servir de excusa para deter a polémica obra.

O tribunal de Dresde aceptou os argumentos de varios grupos ecoloxistas referentes ás repercusións da nova ponte sobre o hábitat e a mortandade desta especie, incluida nos anexos II e IV da Directiva Hábitats e con poblacións en franca regresión en centroeuropa.
A nova tivo ampla repercusión nos medios durante o mes de agosto (ver exemplos 1 e 2). Sen dúbida resulta novedoso que unha especie nada emblemática, descoñecida para gran parte da poboación, un morcego para máis INRI, paralice unha obra pública de tamaña envergadura.
En España, temos algún precedente ao respecto, xa que os morcegos obrigaron a paralizar temporalmente, alomenos, as obras dunha autovía en Valencia.
Estas pequenas e descoñecidas especies parecen ter, deste xeito, máis forza da que parece. Porque, aínda que case ninguén entre o gran público parece lembrarse, algunhas especies de morcegos figuran, nos catálogos e anexos de directivas europeas, ao lado de especies emblemáticas como o lince ibérico ou a aguaneira, nas categorías máis sensibles e prioritarias na conservación.
Así que parece que chegou a hora de ter en conta aos morcegos na xestión do territorio. Agardemos que cunda o exemplo e que medidas preventivas deste tipo se apliquen ás diversas obras que a miúdo afectan aos hábitats e refuxios dos morcegos galegos.

(Fotografía: Morcego pequeno de ferradura nunha cavidade galega. RXHL/DROSERA)

1 comentario:

manitoledo dijo...

http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Valle/Elba/deja/ser/Patrimonio/Humanidad/construccion/puente/elpepusoc/20090625elpepusoc_14/Tes