13/2/08

Episodios de mortandade masiva en morcegos

(R. ferrumequinum atopado morto nunha cavidade lucense en 2006. RXHL/Drosera)












Desde a SECEMU nos chega a nova dunha mortandade masiva de morcegos en cavidades de Nova Iorque e Vertmon, nos Estados Unidos. Aínda que as causas non son coñecidas polo de agora, denominouse a este mal "síndrome do narís branco", xa que moitos dos morcegos mortos presentaban un fungo desa cor arredor do fociño.
Estos feitos lembran aos que aconteceron no ano 2002 en Francia, España e Portugal, cando colonias enteiras de Miniopterus schreibersii desapareceron a consecuencia dunha mortandade masiva en plena época de cría.
As especies altamente gregarias son, precisamente, as que sofren máis estes episodios, xa que boa parte da poboación dunha zona pode concentrarse para criar ou hibernar nun único refuxio.

Ante sucesos deste tipo xurden moitos interrogantes: ¿que orixina esta mortandade? ¿ten algunha relación coa actividade humana? ¿cal é o seu efecto sobre as poboacións afectadas a medio prazo?
Ás dúas primeiras preguntas pódese respostar a posteriori. Para respostar á terceira é preciso coñecer as tendencias poboacionais das especies afectadas, o alcance real do episodio e os recursos cos que conta a especie para sobrepoñerse a el. Mais información da que dispoñemos, na meirande parte de España, para a maior parte das especies.
Aínda cando a actividade humana non estea implicada na orixe destas mortandades, o estrés ao que se somete a moitas poboacións de quirópteros (molestias e destruccións de refuxios, perda de hábitat de calidade, etc) fainas mais sensibles a este tipo de altibaixos poboacionais.
Por iso, os episodios de mortandade masiva, aínda supoñéndolles unha orixe natural, a miúdo nos fan temer polo efecto sobre as poboacións dalgunhas especies ameazadas, como suce no caso dos EE.UU. co morcego de Indiana, Myotis sodalis.

No hay comentarios: