25/2/08
Boa acollida á proposta de creación dunha entidade galega de custodia do territorio
A convocatoria feita por Numenius e Drosera para debatir a creación dunha nova entidade galega de custodia do territorio contou coa participación dunha treintena de persoas, desde investigadores ata propietarios de terreos.
Unha excelente acollida que agardamos teña o seu reflexo nun amplo apoio a este proxecto no traballo que queda por diante.
Na xuntanza puidemos facer un percorrido pola situación da custodia en España da man de Amaya Sánchez (Plataforma de Custodia del Territorio da Fundación Biodiversidad) e coñecer algo máis sobre proxectos de custodia que se están a desenvolver en Galicia. Neste apartado, ademáis dos proxectos propios de Drosera e Numenius, Eva Salvador nos puxo ao dia da iniciativa que está xestionando GIMENA Ingeniería no alto Ulla.
Durante a tarde se puxeron as bases do que pretende ser a futura entidade de custodia.
Todo aquel interesado en coñecer máis a fondo esta iniciativa e participar no proceso constitutivo, pódese engadir ao foro de discusión solicitandoo mediante e-correo á dirección fgcustodia@gmail.com
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario