3/7/08

Os morcegos e os medios de comunicación

O certo é que desde que fixemos público o noso traballo de investigación e conservación a prol dos morcegos de Galicia, foron moitos os medios de comunicación que se interesaron polos nosos proxectos e por estes fascinantes animais.
En xeral, quedamos satisfeitos do tratamento que os medios fixeron destas especies e do noso traballo. Os trataron con agarimo e respeto, tratamento que a miúdo non acadan sequera outras especies máis emblemáticas, como o lobo.
Xogan, tanto xornais como radios ou televisións, un importante papel na conformación de opinións, polo que son ferramentas eficaces para desfacer mitos e cambiar percepcións negativas. E tamén, en mans inadecuadas, para todo o contrario.
En xeral, nos medios galegos bótase en falla a profesionais especializados en temas ambientais.
Profesionais capaces de entender, por exemplo, que non é de recibo ir cos focos e as cámaras a grabar unha colonia de cría de morcego de ferradura pequeno (precísase dun permiso para acceder a este tipo de refuxios, incluso os que imos con moito máis coidado e ánimo investigador...), en pleno parque natural das Fragas do Eume, vimos a semana pasada na TVG.
E profesionais capaces, de paso, de ceñirse á realidade, máis aló das licencias televisivas. Vaia, non dicir que son "centos" os morcegos que "invaden" o mosteiro, senón apenas dúas decenas, un tamaño moi habitual para as colonias de cría desta especie.
Aínda que quizais así a nova non lles parecera tan interesante... en fin...

Por si queredes btarlle un ollo á nova:

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

No hay comentarios: