A pasada semana estivemos nas Nogais, xunto cos amigos de Numenius, colaborando con AccióNatura na colocación de caixas niño para páridos e leirón gris.
O obxectivo era dobre: por un lado ofrecer refuxio a estas especies nunha mancha caducifolia xoven dominada polas rebolas a 1200 m de altura; por outro, tocar o corazonciño dos rapaces do IESP de Becerreá que participaron no traballo.
Ogallá se consigan ambos obxectivos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario