9/5/08

Posta en marcha do proxecto Terras do Miño

Desde o grupo de Quirópteros de Drosera vimos de crear a meirande rede de caixas-refuxio para morcegos de Galicia nos bosques aluviais do alto Miño.




Esta rede, composta por 120 caixas-refuxio de diferentes tipoloxías, vai cumplir dous obxectivos:

- Por un lado favorecer a colonización por morcegos forestais das zona de rexeneración de bosque aluvial, onde as árbores capaces de ofrecer refuxio a estes morcegos escasean.
- Por outro permitirán realizar un estudio da selección de refuxios, dinámica poboacional e uso do espazo por diferentes especies de morcegos nun ambiente cambiante.

O estudio da utilización de caixas-refuxio está sendo acompañado, ademáis, dun inventario da fauna de morcegos e unha caracterización do uso que fan as diferentes especies do espazo.

O proxecto enmárcase nun espazo de gran interese ambiental amparado baixo as figuras do LIC Parga-Ladra-Támoga e a Reserva da Biosfera "Terras do Miño".

Agradecemos desde aquí á Dirección Xeral de Conservación da Natureza e ao Inludes as facilidades dadas para a realización deste proxecto.

No hay comentarios: