20/11/08

Novidades en webs de morcegos

Ao igual que as especies non son inmutables e evolucionan ao longo do tempo, tamén as webs que nos falan desas especies evolucionan. Velaquí algunhas novidades:

1. A web do Bat Conservation Trust mudou o seu aspecto xa fai algúns meses. Ademáis de mellorar visualmente, os contidos están agora máis accesibles.

2. A web do Bat Conservation International acaba de mudar tamén. Millorou moito visualmente, ao igual que a do BCT. Segue sendo algo caótica en canto á organización de contidos, pero amosa novidades interesantes. A destacar a galería fotográfica (non a perdas)

3. A nosa querida web Morcegos de Galicia incorporou algúns achádegos novos nos apartados de enlaces e documentación. Co novo ano que se achega incorporará tamén a información xerada en 2008. Agardan sorpresas...

4. Ben, tamén o noso modesto blog mudou o seu aspecto. Agora móvese en fondo negro, como os nosos animaliños preferidos. Así, de paso, aforramos algo de enerxía nas nosas pantallas e descansamos a vista. Todo ventaxas.

A coidarse.

No hay comentarios: