6/1/09

Morcegos e flores nocturnas


O título está a medio camiño entre o coñecido relato de Manuel Rivas (en "¿Que me queres, amor?") e a non menos coñecida canción de Silvio Rodríguez.
O certo é que morcegos e flores nocturnas amosan unha íntima relación noutras partes do mundo. Acostumados a escoitar o papel dos morcegos como consumidores de insectos, nos pode resultar chocante esta afirmación. Pero moitas especies de morcegos tropicais e subtropicais se alimentan do néctar de flores de diferentes prantas. Ás veces estas flores, como sucede nalgunhas especies de cactus, abren exclusivamente durante a noite para ofrecer os seus manxares a estes mamíferos alados.
Esta relación tamén ten implicacións económicas, pois moitas prantas polinizadas por morcegos son de uso comercial.
Se queredes saber máis do asunto, a web "Bats, plants and people" recopila unha chea de relacións simbióticas entre morcegos e prantas.

No hay comentarios: