30/1/09
Ameazado de extinción o morcego de "Christmas Island"
Pipistrellus murrayi é o nome dunha especie de morcego endémico da illa de Nadal, na costa australiana. Segundo nos contan no boletín de Bat Conservation International, a poboación deste morcego está agora seriamente ameazada, pois apenas quedan unhas ducias de exemplares na illa. Até o punto de que se está a plantexar un programa de cría ex-situ.
¿Como chegou este pequeno morcego a tan crítica situación?
Como tantos outros animais do continente australiano, os depredadores introducidos na illa son os causantes desta drástica regresión:
- A serpe lobo asiática, introducida en 1987, que é quen de capturar os morcegos no seu agocho nas árbores. A aparición deste predador forzou un cambio na selección de refuxio dos morcegos, que pasaron a preferir refuxios máis inestables, pero con máis dunha saida, que lles permitiran escapar da serpe.
- O cempés xigante, reputado depredador de morcegos.
Ao parecer esta especie sufríu unha explosión demográfica na illa a fianis dos 80.
- E, por se fora pouco, tamén a formiga tola amarela parece depredar sobre os morcegos. Ademáis, os intentos de erradicar esta formiga con insecticidas deberon ter un nefasto efecto sobre os morcegos.
En fin. Un cúmulo de desastres. Agardemos que o morcego da illa do Nadal teña un final feliz e non pase a engrosar as listas dos extintos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario