21/11/09

¿É bola o do ébola? Outra vaca no maínzo

A sicose está servida. Blogs de fauna, espeleoloxía e variedades recollen a nova: entre os morcegos de cova (Miniopterus schreibersii) atopados mortos en España durante a mortandade de 2002-2003 atopouse un novo tipo de virus da familia dos filovirus, á que pertence o Ébola africano. Esto non debería pasar dunha curiosidade científica (é a primeira vez que se rexistra un virus deste tipo en Europa), indiferente para a maioría da xente á que a filoxenética dos virus lle da exactamente igual, é dicir, o 99% da poboación. Nada parece indicar que dito virus sexa patóxeno para humanos. Nin sequera se pensa nel como candidato a culpable da mortandade de morcegos, que parece explicarse mellor por infección fúnxica.
Pero, aparecu a verba "ébola" polo medio e xa se liou. Ou xa a liaron, vaia, porque esto, como casi sempre, é cousa dos periodistos e periodistas. Os intentos por chamar á calma dalgúns medios (despois de armala), como a nova que podedes ver en La Sexta, teñen tal cantidade de inexactitudes e de frases descontextualizadas, que dan medo en sí mesmas. En fin. Como oín dicir esta mañá, "leo pouco os periódicos porque me gusta ser unha persoa informada". Seguide disfrutando dos morcegos, que desta non morremos.

2 comentarios:

Rubén Portas dijo...

Non te indignes, o sensacionalismo mediático está a orde do día..e dificil vai ser lograr mudar dita habitude nese gremio. Recomendovos preparar un folleto " as 10 mentiras dos morcegos"
Eu estou a preparar algo semellante para o lobo dende ASCEL www.loboiberico.com.
Sorte e ánimo.
Apertas

Drosera dijo...

O certo é que cando falas sobre os morcegos adicas unha boa parte do tempo a desmontar mitos. Esto está asumido. O indignante é que os medios falen destas cousas con tanta falta de seriedade. Case todos os medios teñen os seus especialistas en economía, internacional, deportes... xa vai tocando que vaian contando con especialistas en natureza!!