O mantemento dos soutos é fundamental para algunhas especies de morcegos, entre os que destaca Nyctalus leisleri. Esta especie é especialmente abundante nos soutos vellos como os que abundan no Courel.
No ano 2008 estivemos varias noites prospectando morcegos nos soutos que traballan os do Sequeiro de Portela, e atopamos especies tan interesantes como Nyctalus leisleri ou Pipistrellus pygmaeus, ademáis de Tadarida teniotis, Plecotus auritus, Plecotus austriacus...
Ademáis puidemos compartir cea e noite con Sabela e Luís (promotores do Sequeiro de Portela).
Vaia a nosa noraboa para O Sequeiro de Portela polo seu fermoso e tan necesario traballo!
E aos lectores, vos animamos a probar as castañas secas ao xeito tradicional (e a fariña de castaña) e a incorporalas de novo á nosa gastronomía diaria.
Entre outros sitios, podedes mercalos na Cova da Terra (Lugo), ben na propia tenda ou a través da tenda online.
No hay comentarios:
Publicar un comentario