22/4/14

Becas Pérez Lafuente en bioloxía da conservación

Conservas Antonio Pérez Lafuente, S.A. e Drosera veñen de chegar a un acordo para a convocatoria de becas de prácticas en bioloxía da conservación para estudantes e profesionais do eido ambiental que queiran adquirir experiencia no traballo de campo con especies ameazadas. As prácticas estarán centradas na obtención de datos sobre a presencia de especies e de información sobre a ecoloxía da poboación, relevante para a súa conservación.

Neste ano 2014, as prácticas consistirán en estancias de 15 días ou un mes, nos meses de xuño a agosto, co equipo de Morcegos de Galicia.

Os participantes aprenderán a:
- Utilizar as técnicas básicas para a realización de inventarios de morcegos
- Identificar as diferentes especies de morcegos utilizando caracteres morfolóxicos
- Identificar as diferentes especies de morcegos a partir de rexistros acústicos
- Tomar datos biométricos e fisiolóxicos que aporten información útil sobre a ecoloxía da poboación

Conservas Antonio Pérez Lafuente facilita o importe preciso para que as persoas en prácticas podan desenvolver a súa formación sen coste algún.
Os interesados deben enviar un breve curriculum vitae a info@morcegosdegalicia.org indicando a quincena ou mes na que estarían interesados.

No hay comentarios: